sábado, 9 de febrero de 2013

Un honor... un placer..










PREGÓN ENTROIDO 2013.-





A cidade que non dorme.



Boa noite, OURENSE!…

¡É unha honra! Unha honra incrible estar hoxe nesta praza, que forma parte da vida de todos nós, como pregoeira da Festa entre as Festas… Non se pode atopar un agasallo mellor, que a invitación da túa vila, para  estar eiquí, esta noite que abre a porta do entroido na cidade.  Daquela, podería estar agradecendo a uns e outros  esta designación, dende agora ata o día do enterro da sardiña, pero… tampouco é iso, supoño.

Grazas, en todo caso ó Concello, por regalalle esta posibilidade, a unha persoa vencellada á cultura… e á cidade. Porque iso, pensó eu, mestura non só o componente lúdico da festa, que xa todos coñecemos , senon tamén o seu valor artístico –e incluso antropolóxico- social e dende logo cultural.

Ourense non é un lugar donde o entroido se viva precisamente de puntiñas. Dende hai séculos a nosa forma de vivir esta festa, permanece entre nós  formando parte, non só dunha forma de vida, senon do nóso sentir como pobo.  Non hai ourensán que non se achegue dunha forma ou de outra o entroido.
Este 2013, cúmprense 25 anos dende que o desfile de entroido na cidade se iniciou como tal. ¡25 ANOS XA!...  hoxe xa non se entendería Ourense sen ese desfile multitudinario, no que participaremos o domingo, porque xa é algo tan da cidade, como o propio magosto.
E isto….. é así, porque a xente o fixo así. Os ourensáns quixemos que cada ano esta xuntanza de persoas na rúa, de día e de noite vaia a mais. Temos un entroido imparable, que nós coñecemos de sempre, pero que xa empeza a facerlle un pé a outros de lonxe, pola súa especial implicación coa xente, que convirte  o sentido crítico e a  ironía na bandeira do entroido.
 En Orense, non escapa ninguén  á retranca e á sátira… ¡como debe ser, en definitiva!
Estamos en tempos difíciles. Dunha coxuntura económica tensa, pero iso non pode impedir que o pobo fale en alto, co sentido crítico que sempre tivemos.
Hai uns anos, un sábado de entroido, vin a un grupo de persoas disfrazados de submarinistas na fonte da Praza do Ferro… cunha bombona de butano ó lombo.  Había unha xiada que metía medo, pero… aquel grupo estaba collendo moedas, daquela de peso como si se atoparan na mesmisima Fontana de Trevi. Entendín que cando un ourensán se implica no entroido, non hai cousa que o pare.

Todos coñecemos ós reis do entroido de toda a vida, algún deles hoxe canda nós. Xente que vive  o entroido de forma especial e única,  que de alguna forma  aletárgase o resto do ano para sair á rúa estas noites especiais a disfrutar como  só nesta cidade sabemos facer. Pero esta tendenza de persoas que adicaban un esforzó especial a construir e vivir o entroido en Ourense, é cada vez maior… porque cada vez que saimos á rúa, atopámonos con mais persoas que disfrutan en viven esta festa cunha intensidade que vai crecendo de forma imparable.

E iso podémolo ver… nos nenos! Dende os colexios que preparan festas que invitan ós rapaces a disfrutar e a coñecer o entroido. Son eles, os que ocuparán este posto algún día……….. e os vosos… ahí abaixo. Pero a vantaxe que ten a nosa cidade e que nela CABEMOS TODOS.

Para os amigos que vindes de fóra por primeira vez a disfrutar desta festa, e coñecela connosco.
¡Sodes ben recibidos…! Convertide a cidade na vosa casa e desfrutade dela.

E para os demais, os que xa nacemos e crecemos baixos os arcos desta praza, ou de calquera outra da cidade…

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ BENVIDOS Ó ENTROIDO…. UN ANO MAIS………..!!!!!!!!......


TEMPO DE LECER, prensa























LA VOZ DE GALICIA








FARO DE VIGO