PREGÓN ENTROIDO 2013.-
Boa noite,
OURENSE!…
¡É unha
honra! Unha honra
incrible estar hoxe nesta praza, que forma parte da vida de todos nós, como
pregoeira da Festa entre as Festas… Non se pode atopar un agasallo mellor, que
a invitación da túa vila, para estar
eiquí, esta noite que abre a porta do entroido na cidade. Daquela, podería estar agradecendo a uns e
outros esta designación, dende agora ata
o día do enterro da sardiña, pero… tampouco é iso, supoño.
Grazas, en todo caso ó Concello, por regalalle esta
posibilidade, a unha persoa vencellada á cultura… e á cidade. Porque iso, pensó
eu, mestura non só o componente lúdico da festa, que xa todos coñecemos , senon
tamén o seu valor artístico –e incluso antropolóxico- social e dende logo
cultural.
Ourense non é un lugar donde o entroido se viva precisamente
de puntiñas. Dende hai séculos a nosa forma de vivir esta festa, permanece
entre nós formando parte, non só dunha
forma de vida, senon do nóso sentir como pobo.
Non hai ourensán que non se achegue dunha forma ou de outra o entroido.
Este 2013, cúmprense 25 anos dende que o desfile de entroido
na cidade se iniciou como tal. ¡25 ANOS XA!...
hoxe xa non se entendería Ourense sen ese desfile multitudinario, no que
participaremos o domingo, porque xa é algo tan da cidade, como o propio
magosto.
E isto….. é así, porque a xente o fixo así. Os ourensáns
quixemos que cada ano esta xuntanza de persoas na rúa, de día e de noite vaia a
mais. Temos un entroido imparable, que nós coñecemos de sempre, pero que xa
empeza a facerlle un pé a outros de lonxe, pola súa especial implicación coa
xente, que convirte o sentido crítico e
a ironía na bandeira do entroido.
En Orense, non escapa
ninguén á retranca e á sátira… ¡como
debe ser, en definitiva!
Estamos en tempos difíciles. Dunha coxuntura económica tensa,
pero iso non pode impedir que o pobo fale en alto, co sentido crítico que
sempre tivemos.
Hai uns anos, un sábado de entroido, vin a un grupo de
persoas disfrazados de submarinistas na fonte da Praza do Ferro… cunha bombona
de butano ó lombo. Había unha xiada que
metía medo, pero… aquel grupo estaba collendo moedas, daquela de peso como si
se atoparan na mesmisima Fontana de Trevi. Entendín que cando un ourensán se
implica no entroido, non hai cousa que o pare.
Todos coñecemos ós reis do entroido de toda a vida, algún
deles hoxe canda nós. Xente que vive o
entroido de forma especial e única, que
de alguna forma aletárgase o resto do
ano para sair á rúa estas noites especiais a disfrutar como só nesta cidade sabemos facer. Pero esta
tendenza de persoas que adicaban un esforzó especial a construir e vivir o
entroido en Ourense, é cada vez maior… porque cada vez que saimos á rúa,
atopámonos con mais persoas que disfrutan en viven esta festa cunha intensidade
que vai crecendo de forma imparable.
E iso podémolo ver… nos nenos! Dende os colexios que preparan
festas que invitan ós rapaces a disfrutar e a coñecer o entroido. Son eles, os
que ocuparán este posto algún día……….. e os vosos… ahí abaixo. Pero a vantaxe
que ten a nosa cidade e que nela CABEMOS TODOS.
Para os amigos que vindes de fóra por primeira vez a
disfrutar desta festa, e coñecela connosco.
¡Sodes ben recibidos…! Convertide a cidade na vosa casa e
desfrutade dela.
E para os demais, os que xa nacemos e crecemos baixos os
arcos desta praza, ou de calquera outra da cidade…
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ BENVIDOS Ó ENTROIDO…. UN ANO MAIS………..!!!!!!!!......
![]() |
TEMPO DE LECER, prensa |
LA VOZ DE GALICIA
FARO DE VIGO